lunes, 28 de abril de 2008

VINDEIROS GAÑA

VINDEIROS gañou as eleccións ó CLAUSTRO da USC do 24 de abril de 2008.

Tras 25 anos de supremacía na facultade de Xeografía e Historia da USC, lugar da sú fundación; os CAF quedan sen representación perante o claustro universitario na súa Plaza Forte.

VINDEIROS, por agora, ten asignados 2 dos 4 postos claustrais da facultade, a esperas de como se dirime o empate a votos entre os seguintes 3 candidatos.

Isto podería supoñer a consecución dun terceiro asento no claustro para VINDEIROS, conseguindo, así, a elección total de toda a súa lista.

jueves, 24 de abril de 2008

RESULTADOS

Hoxe se celebraron as eleccións a representantes de Estudantes no Claustro da USC,.

A Asociación Independente do estudantado de Historia, Arte e Xeografía VINDEIROS presentou a 3 candidatos dos que resultaron electos 2 có maior número de votos:

Lidia Vázquez Filgueira e Luis Velasco Martínez.

O seu terceiro candidato tópase empatado a votos con outros dous compañeiros e por iso, previsiblemente, non sairá.

Son uns magníficos resultados ó conseguir a metade da representación no Claustro pola nosa facultade e ó non poder descartar completamente a posibilidade de alcanzar o terceiro asento claustral.

Por outra banda, nas eleccións ós Consellos de Departamento de Historia-1, Historia Medieval e Moderna, e, Contemporánea e América, VINDEIROS conseguiu tódolos representantes que presentou, 2 por departamento.

VINDEIROS agradece a tódolos seus votantes o seu apoio.


GRACIAS

lunes, 21 de abril de 2008

Undécima Proposta

O novo plano de estudos que se está preparando na comisión de titulacións da nosa facultade, reduce considerablemente as asignaturas do itinerario de Historia Contemporánea, itinerario que realiza case un 50% do alumnado da nosa facultade.

VINDEIROS propón:

1. Que a Historia Contemporánea non sea marxinada dentro da reforma da títulación en Historia da USC.
2. Que no novo plano de estudos todas as materias propias de cada modalidade tradicional (Arqueoloxía, Antiga, Medieval, Moderna e Contemporánea) teña un mínimo de 4 asignaturas optativas.

Décima Proposta

O aumento das tasas de matrícula e o precio de cada crédito non parou de subir ó longo do dos últimos 6 anos.

VINDEIROS comprométese a que os representantes que acade no CLAUSTRO:

1. Voten en contra de calqueira subida de prezos de matrícula.
2. Propoñan unha rebaixa dos precios de matrícula de un 20%.

jueves, 17 de abril de 2008

Novena Proposta

Os alumnos que TRABALLAN na facultade de Xeografía, Historia e Arte da USC e se desplazan ata ela en coche ou moto non dispoñen de aparcamento suficientes para vehículos motorizados e inda por riba de ter que deixar o coche aparcado fora do recinto académico teñen que pagar a O.R.A.

Os que utilizan a bicicleta inda o teñen peor ó non dispoñer de un aparcadoiro habilitado ó efecto e que conte cunha cuberta.

Por iso VINDEIROS propora no CLAUSTRO da USC a través e tódolso representantes que acade:

1. Habilitación dun aparcadoiro de Bicicletas DIGNO na nosa Facultade.

2. Que tódolos alumnos da nosa facultade que o soliceten dispoñan dunha tarxeta GRATUITA que lles permita aparcar nas inmediacións da facultade sen pagar a O.R.A; propoñendo un acordo entre a USC e o Concello de Santiago de Compostela.

Octava Proposta

O borrador do Novo plano de Estudos do Novo Grao de Historia da USC deixa de incluir asignaturas específicamente dedicadas á Historia de Galicia.

Vindeiros reivindícase como unha asociación apolítica e independente; no obstante, somos conscientes da necesidade de facer Historia de Galicia dende un Galeguismo crítico e Independente dos poderes políticos.

Frente as correntes de pensamento que abogan pola destrucción dos estudos de Historia de Galicia dentro da Facultade de Historia da USC, nós a reclamamos como eixo IRRENUNCIABLE para a formación dos futuros historiadores.

VINDEIROS propón:

1. Que tódolos representantes que acade en tódolos órganos da USC apoien a pervivencia no futuro Título de Grao en Historia da USC as asignaturas propias de Historia de GALICIA.

miércoles, 16 de abril de 2008

Séptima Proposta

Un dos principais problemas da implantación de Bolonia vai ser o reducido das axudas a continuación de Estudos postgraduais, ousexa, os MÁSTER.

Por iso os representantes que VINDEIROS acade no Claustro Universitario proporán:

1. Que cada un dos cursos necesarios para acadar o título de MÁSTER pola USC non supere o precio medio de Matrícula ordinaria do GRAO que o estudante acadara antes.

2. Que o Claustro da USC lle remita ó Consello de Ministros unha resolución na que se lle esixa a este que os cursos de Máster teñan a mesma consideración que hoxe teñen os de 4º e 5º de Carreira á hora de concederse as BECAS do MEC para alumnos Universitarios.

Única fórmula de que os títulos de Máster estén a man de toda a comunidade universitaria, impedindo as discriminacións no acceso á formación superior.