Vindeiros cree que os planos de estudos das titulacións de Historia, Arte e Xeografía que vai supoñer a implantación de Bolonia debe ser valorado por todo o estudantado en pleno; por iso propón:
1. Facer un esforzo de democracia directa entre o estudantado.
2. Que tódolos estudantes da facultade voten nunha consulta a súa aceptación ou non da proposta de reforma dos planos de estudo que fará a comisión académica e que terá que aprobar a xunta de facultade.
3. Que os 54 representantes do alumnado na xunta de facultade acaten e voten en consonancia co resultado da consulta na xunta de facultade encargada de aceptar os borradores de planos de estudo.
Vindeiros propón que os representantes que acade ante o claustro da USC presenten esta idea acompañada das seguintes reflexións:
1. Que sexa unha consulta impulsada dende o claustro da USC.
2. Que o propio claustro e as asociacións de estudantes, así como calqueira alumno que o desexe se integren na convocatoria e participen da súa vixianza, garantizando así a súa transparencia e veracidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario