Na USC a asistencia a certos cursos, seminarios, congresos, charlas... -gratuitas ou de cobro- pode supoñer a consecución de créditos de libre configuración a través de actividades extra académicas. Unha forma alternativa e máis entretida e dinámica que as asignaturas de Libre Configuración tradicional.
Nembergantes as Universidades de Vigo e A Coruña danlle a cada 10 horas de actividades de ese tipo un Crédito de Libre configuración -equiparándoas con asignaturas normais-, na USC fan faia 30 horas de actividade para o mesmo resultado. Ou o que é o mesmo, se un alumno quere acadar 5 créditos de libre configuración ten que matricularse nunha asignatura cunha carga de 50 horas ou ir a actividades recoñecidas como créditos de libre configuración durante 150h.
Resultado: a USC vai por detrás e os seus alumnos non están equiparados en dereitos cos das outras dúas universidades galegas.
30 Horas de Actividades na USC = 1 Crédito
30 Horas de Actividades no resto do Sistema Unioversitario Galego =3 Créditos
Resultado: Os alumnos teñen que gastarse máis diñeiro na matrícula e inda por riba son penalizados sen poder render o seu tempo ó máximo.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
Os Candidatos electos de Vindeiros no claustro universitario promoverán:
1. Que poda ser concedido 1 Crédito de Libre Configuración por cada 10 horas de actividades extra académicas ó igual que no resto de GALICIA; equiparándose as actividades non académicas recoñecibles como créditos de libre configuración coas asignaturas da USC.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario