Un dos principais problemas da implantación de Bolonia vai ser o reducido das axudas a continuación de Estudos postgraduais, ousexa, os MÁSTER.
Por iso os representantes que VINDEIROS acade no Claustro Universitario proporán:
1. Que cada un dos cursos necesarios para acadar o título de MÁSTER pola USC non supere o precio medio de Matrícula ordinaria do GRAO que o estudante acadara antes.
2. Que o Claustro da USC lle remita ó Consello de Ministros unha resolución na que se lle esixa a este que os cursos de Máster teñan a mesma consideración que hoxe teñen os de 4º e 5º de Carreira á hora de concederse as BECAS do MEC para alumnos Universitarios.
Única fórmula de que os títulos de Máster estén a man de toda a comunidade universitaria, impedindo as discriminacións no acceso á formación superior.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario