martes, 8 de abril de 2008

Unha Primeira Proposta Electoral

Dende fai moito tempo os estudos de Arqueoloxía veñen sendo algo secundario nos plans de Estudo da Titulación de Historia.


Durante este curso un grupo de alumnas comezaron unha inicitiva para lograr unha asignatura práctica de arqueoloxía no novo plan de Estudos que se está fraguando.


Lamentablemente, na nova titulación -grao- que nacerá coa aplicación práctica do Plano de Bolonia parece evidente que, pese a que ó mellor pódese incluir algo máis de tempo para a Arqueoloxía, coa reducción de tempo e créditos das Carreiras, a arqueoloxía seguirá sendo unha asignatura pendente da USC.

Por éso, comprometémonos a que:

1. Tódolos representantes que VINDEIROS acade no Consello de Departamento de "Historia 1" e no CLAUSTRO da USC apoien e impulsen que o novo plan de estudos recolla un Prácticum de ARQUEOLOXÍA REMUNERADO nas empresas do sector e titorado por profesores de Arqueoloxía da USC.

2. Tódolos representantes que VINDEIROS acade no Consello de Departamento de "Historia I" e no CLAUSTRO da USC apoien e impulen a creación dun "MÁSTER en ARQUEOLOXÍA".

3. Tódolos representates que VINDEIROS xa ten na XUNTA de FACULTADE apoien as dúas iniciativas.

No hay comentarios: